A competencia xeral deste título consiste en desenvolver, implantar, documentar e manter aplicacións informáticas web, utilizando tecnoloxías e contornos de desenvolvemento específicos, garantindo o acceso aos datos de xeito seguro e cumprindo vos criterios de usabilidade e calidade esixidos nos estándares establecidos.

O módulo de base de datos abrangue aspectos como:

  • Planificación e realización do deseño físico dunha base de datos.
  • Creación de bases de datos e táboas.
  • Obtención de información e realización de consultas.
  • DML. Manipulación de datos.
  • Planificación e execución de copias de seguridade de datos.
  • Manexo de base de datos obxeto-relacionais.


As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:
  • Implantación de bases de datos.
  • Xestión da información almacenada en bases de datos.